Tuesday 07 de May de 2024

Concerto de Nadal da escola de música moderna de San Sadurniño


Aí vos van unhas cantas fotiños do concerto de Nadal ofrecido este mediodía na Casa da Cultura de San Sadurniño pola EM de Música Moderna que dirixe Xoán Leis. Toda unha delicia para despedir este ano na que repasaron versións de títulos ben coñecidos que adoitan soar nestas festas.

A escola colle vacacións até mediados de xaneiro, coa promesa de iniciar 2024 con moita forza e agardando poñer en marcha a actividade de música e movemento para a rapazada de 3 a 6 anos xa a partir de febreiro.
Neste momento hai algúns nenos e nenas inscritas, pero aínda faltan máis para completar o grupo, que se reuniría na Casa da Xuventude os mércores entre as 17 e as 18:00h.
A reserva de praza pode facerse no 685 050 921.